- Unidade didáctica
- Videos:
Arantxa Toriza, capitana de pesca e patrona de altura, embarcada na actualidade no buque Flecha, explícanos neste vídeo como é o traballo das mulleres ao mando dun pesqueiro e as dificultades que atopou polo camiño.
Tamén no sector pesqueiro as mulleres van accedendo a postos traballo tradicionalmente ocupados por homes. É o caso de Sonia Piñón e Cati Barbosa que traballan de carretilleiras na lonxa de Porto de Celeiro S.A
As condicións metereolóxicas dificultan en moitas ocasións o traballo no mar. No gran sol, a principal zona de pesca da frota de Celeiro, son moi frecuentes os temporais. A continuación tes varios vídeos nos que podes comprobar en qué condicións faenan os pesqueiros.
A carpintería de ribeira é un dos oficios mais antigos e fermosos relacionados coa actividade marítima. No vídeo do Concello de Cervo vemos a Francisco Fra traballando a madeira para facer un barco.
As redeiras de Burela amosannos no vídeo da súa web como preparan as “pancheras”, unha das artes de pesca coas que se captura a xarda ou verdel.