Introducción ás unidades didácticas

Estas unidades didácticas centradas no mundo do mar pretenden ofrecer unha visión integrada de todo o que rodea ao mar e o uso que fai o ser humano do mesmo adaptada a 5º e 6º curso de Educación Primaria e Primeiro Ciclo (1º e 2º) de E.S.O. A través de diversos temas e actividades, trátanse conceptos básicos sobre os ecosistemas mariños, a industria pesqueira e a relación do ser humano co mar.

Ao longo de cada unidade haberá exercicios ou actividades destinados a fixar os conceptos expostos. Estas unidades didácticas deséñanse como apoio ás visitas virtuais ao Porto de Celeiro dentro do programa Mariñeiro por un día e recoméndase traballalas na aula antes da realización da visita.

Obxectivos xerais

  • Desenvolver un coñecemento básico dos ecosistemas mariños
  • Entender como funciona a actividade pesqueira e que aparellos se utilizan
  • Identificar os potenciais problemas que unha explotación excesiva ou mal dirixida pode xerar sobre os ecosistemas mariños
  • Familiarizarse cos conceptos de pesca sostible e produto de tempada e desenvolver actitudes a favor do uso sustentable dos recursos pesqueiros
  • Coñecer as principais especies que se consumen en Galicia e cales delas se traen ao Porto de Celeiro
  • Coñecer o día a día dos profesionais do sector, cun especial énfase no papel da muller