Mariñeiros por un día. O mar nun clic

“Mariñeiros por un día, o mar nun clic” é unha adaptación á nova normalidade das visitas presenciais organizadas pola Confraría de Celeiro para aproximar aos escolares ao mundo do mar e dos produtos pesqueiros.  

O percorrido vía streaming da lonxa, o heliporto de Celeiro e o taller do Pescador segue o modelo das visitas que xa fixeron 5.000 escolares de 130 colexios nos últimos cinco anos. Cambia a forma de facelo pero non o obxectivo: dar a coñecer entre os escolares o sector pesqueiro, da man dos seus profesionais, e difundir o patrimonio e a cultura mariñeira.


Entidades colaboradoras:

Proxecto financiado por: