Visitas online

Onde se desenvolven as actividades?

A actividade será online.  Dende os colexios os escolares poderán facer o mesmo programa das visitas on line:

  • lonxa: percorrido polas instalacións con explicación sobre o seu funcionamento, as especies capturadas pola frota de Celeiro, os barcos pesqueiros, a pesca sostible, simulación dunha poxa;
  • heliporto do Servizo de Gardacostas de Galicia: visita ao helicóptero Pesca II ao tempo que os seus pilotos e rescatadores cóntannos como traballan, os medios dos que dispoñen, como se fai un rescate no mar dende o aire; 
  • o taller do pescador da Confraría de Celeiro: faremos un repaso de todo o que aprendimos na xornada, con especial atención aos diferentes artes de pesca, os nós mariñeiros, os anzois, os produtos pesqueiros e o coidado do medio mariño.

As visitas desenvolveranse específicamente para cada colexio. Un guía en Celeiro acompañará aos escolares no percorrido, transmitindo en tempo real e permitindo aos nenos interactuar cos distintos profesionais que participan dende a lonxa, o heliporto e o taller do pescador.

É necesario inscribirse?  ¿Quen pode participar?

As actividades están dirixidas a alumnos en idade escolar pertencentes ao 5º e 6º curso de Educación Primaria e Primeiro Ciclo (1º e 2º) de E.S.O.

A inscrición a realiza o propio colexio poñéndose en contacto coa Confraría de Celeiro enchendo o seguinte formulario: